jueves, 10 de enero de 2013

O PORTO DE AGUIÑO

Estimados lectores; chámome Ana, e aquí vos presento a miña nova bitácora na Internet. Paseniñamente irei engadindo artigos que agardo sexan do voso agrado. Nesta primeira entrada vouvos falar un poco da vila onde vivo, esta é Aguiño, unha parroquia de recente creación, pois data do ano 1959, e que pertence ó Concello de Ribeira (Galicia). Esta grande parroquia, está case que na súa totalidade bañada polo océano Atlántico, e pola entrada da ría de Arousa. A maior parte das súas xentes viven do mar, daí o seu carácter mariñeiro polos catro costados. Sardiñas, xurelos, polbos, ameixas, percebes…todo o que producen estas ricas augas son a fonte de vida do pobo. O porto é donde se concentra o gran atractivo deste pobo, ademais das súas fermosas praias e rochedos. Convídovos a que veades algun dia a visitar este fermoso lugar das Rías Baixas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario