jueves, 24 de enero de 2013

Historia de Carreira

Realizado entre os anos 2004 e 2007, en decembro deste último ano sae publicado o libro Historia de Carreira. A obra foi enteiramente escrita, deseñada, maquetada e supervisada por Javier Crugeiras (autor tamén deste sitio web), despois de moitas xornadas na procura de documentación en varias institucións do país, tales como o Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña), Arquivo Histórico Diocesan (Santiago de Compostela), Arquivo Histórico Universitario (Santiago de Compostela), Arquivo Municipal (Ribeira), ou o Archivo General de Simancas (Valladolid) entre outros.


A obra pois, abrangue todo o espazo histórico coñecido e afonda nos achados arqueolóxicos atopados no termo parroquial, castros, mámoas..., e segue ata o medievo ca transcrición dalguns documentos de interese, para rematar na época moderna onde se analiza o curato de diversos párrocos, a breve existencia do Concello Constitucional, e remata ca decadencia económica e social da parroquia. Tamén afonda no catastro de Ensenada, e fai un amplo repaso sobre as construccións tradicionais e os templos relixiosos. Todo elo remarcado con gráficos, táboas e fotografías antigas e actuais.


Para acompañar, poñemos un enlace á paxina www.carreira.info

No hay comentarios:

Publicar un comentario